Amigus
As Pontes

XX Torneo de Xadrez

O sábado 13 de xullo no Lar Endesa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

BASES DO TORNEO: 

I. O torneo disputarase polo sistema suízo a 7 roldas o día 13 de Xullo de 2019 

O local de xogo será no edificio LAR Endesa situado no Poboado das Veigas 

II. O ritmo de xogo será de 12+2 por xogador. 

III. Establecerase un límite de 60 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición. 

IV. A inscrición será de 10 € para os xogadores xuvenis e absolutos, 5 € para cadetes e infantiles, e os xogadores locales será gratis, poderá facerse nos números de teléfono: 654166 777 (Chucho), 654 166 815 (Javier), 629 266 005 (Zokis), O prazo para inscribirse rematara o día 11 de Xullo as 20 horas. 

V. O pagamento da inscrición farase ó comezo do torneo e será imprescindible para ser emparellado na 2ª rolda. 

VI. O calendario do torneo será: 

Inscrición e pagamento día 13 de Xullo as 16:00Horas 
1ª rolda día 13 de Xullo ás 16:30 horas 
2ª rolda día 13 de Xullo ás 17:15 horas 
3ª rolda día 13 de Xullo ás 18:00 horas 
4º rolda día 13 de Xullo ás 18:45 horas 
5ª rolda día 13 de Xullo ás 19:30 horas 
6ª rolda día 13 de Xullo ás 20:15 horas 
7ª rolda día 13 de Xullo ás 21:00 horas 

Entrega de premios día 13 de Xullo ás 21:45 horas. 

VII. Premios: 

1º Clasificado 260 € + Trofeo 
2º Clasificado 160 € +Trofeo 
3º Clasificado 100 € + Trofeo 
4º Clasificado 60 € 
1º Clasificado Sub 2100 50 € 
2º Clasificado Sub 2100 30 € 
1º Clasificado Sub 1900 50 € 
2º Clasificado Sub 1900 30 € 
1º Clasificado Sub 1700 50 € 
2º Clasificado Sub 1700 30 € 
1º Clasificado Sub 1500 50 € 
2º Clasificado Sub 1500 30 € 
1º Clasificado Local Femenino 50 € + Trofeo 
1º Clasificado Local Masculino 50 € + Trofeo 
1º Clasificado Xuvenil 30 € 
2º Clasificado Xuvenil 20 € 
1º Clasificado Cadete 30 € 
2º Clasificado Cadete 20 € 
1º Clasificado Infantil 30 € 
2º Clasificado Infantil 20 € 

Os premios non serán acumulativos, no caso de que un xogador concurrira a varios premios, entregaráselle o de maior contía. 

VIII. O sistema de desempate sortearase na última rolda, podendo ser o seguintes métodos e por esta orde: 

Bucholz Total 
Bucholz medio 
BucholzProgresivo 

IX. Será eliminado o xogador que incompareza a unha rolda, así mesmo a organización reservase o dereito de eliminar a tódolos xogadores que non comparezan ó comenzo da 1ª rolda. 

X. O torneo farase con programa informatico . 

As decisións do arbitro serán inapelables. 

XI. Tentaremos habilitar un local donde se poida analizar as partidas, non sendo permitido na sala de xogo. 

XII. O non previsto nestas bases rexirase polo regulamento en vigor da FIDE. 

XIII. A participación no torneo supón a aceptación das bases. 

XIV. Nota: Os participantes no torneo autorizan a publicación de fotos e dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc).

Nova cortesía Club Xadrez As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios