Amigus
As Pontes

22 nen@s asisten ao campamento de ciencia e tecnoloxía ‘Amigus Kids Labs’

Durante unha semana no polideportivo municipal ha tido lugar o campamento de ciencia e tecnoloxía, onde os nenos puideron aprender mediante talleres participativos, divertidos e innovadores.

Coa realización destes talleres de ciencia búscabase proporcionarlles aos mozos a unha base dun pensamento lóxico deductivo. Desenvolvendo iniciativas que espertaron o interese pola ciencia e a investigación.

Actividades interactivas onde fixeron experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poideron levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntouse o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.

Con esta experiencia educativa tamén se incluíu o factor ambiental, no cal se analizou a problemática a nivel mundial respecto a contaminación de lixo electrónico ou E- Waste. Desde este principio do coidado ambiental, os estudantes construiron os seus prototipos con materiais de dispositivos electrónicos que se atopan en desuso.

Sobre a base dos resultados deste proxecto apreciouse o gran interese que mostran os nen@s e mozos pola aprendizaxe das ciencias e as novas tecnoloxías e os beneficios que lles reporta. Beneficios non dados só polos coñecementos obtidos do mundo que lles rodea, senón tamén pola posibilidade de facilitar a creación dun espírito crítico.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos eles, onde en todo momento mostraron gran intereses, preguntando e resolvendo incógnitas de por que sucedían todas as cousas que estaban a realizar. A última hora de cada día era a hora de ir ao planetario onde a través de documentais descubrían de modo sinxelo e ameno incógnitas sobre o espazo e os planetas, a evolución, o planeta terra ou a contaminación.

O acto de clausura contou coa presenza das concelleiras Elena López e Lorena Tenreiro onde os nenos reciviron o carnet de cientifico, así como un diploma recoñecendo o traballo e esforzo realizado durante toda a semana.

Dende Amigus agraceder a Teresa Seijas por compartir con todos nos o seu proxecto Ciencia Kids con todos nos.

Tamén queremos agradecer a Chicho Tembras e Antonio Alonso por facilitarnos o uso do polideportivo e materiais para o desenvolvemento do campamento.

Máis información en http://www.amiguslabs.org

También podría gustarte
Comentarios