Amigus
As Pontes

As Pontes duplicará o espacio da área empresarial dos Airíos

Lendo diariodeferrol.com:
“A corporación municipal decidirá o martes sobre a modificación das normas subsidiarias de planeamento para permitir esta operación. O grupo de goberno someterá o vindeiro martes ó pleno a ampliación do polígono industrial dos Airíos. O proxecto do executivo local suporá máis que doblar a superficie actualmente destinada á instalación de industrias, porque se acometerá a preparación de case 300.000 metros cadrados máis.”…


…”Hoxe en día, este parque empresarial ten unha dimensión de 232.000 metros cadrados. A necesidade de acometer esta actuación faise evidente pola demanda de solo industrial para asentar novos proxectos interesados en establecerse no municipio. Na actualidade, todas as zonas deste tipo, os polígonos dos Airíos, da Cruz das Cabezas e de Penapurreira están ocupadas ou comprometidas na súa totalidade.
Terreos do Concello
Para realizar esta actuación, o Concello conta xa con terreos da súa propiedade, que foron cedidos por Endesa no marco dos convenios coa eléctrica asinados no 2001.
Esta zona estará separada do actual asentamento industrial pola estrada As Pontes-Momán, e os seus límites estarán marcados tamén pola vía que leva á Fonte das Boliqueiras. Ademais, o acceso viario verase mellorado substancialmente nos próximos meses, porque xa están en marcha desde o ano pasado as obras do novo trazado a este polígono.
Adaptacións urbanísticas
O primeiro trámite para levar a cabo esta ampliación do polígono industrial será a modificación das normas subsidiarias que afectan a esta zona. No actual planeamento, o espacio que acollerá as novas parcelas dos Airíos aparece recollido como solo non urbanizable sen especial protección e deberá pasar a solo urbanizable non delimitado. A documentación pasou xa polos organismos competentes, con dictame favorable e unicamente quedaría a aprobación plenaria.
Con esta ampliación, As Pontes contará cunha superficie empresarial de máis dun millón de metros cadrados, e aínda faltarían preto de 300.000 máis previstos en Penapurreira. Este último polígono ten dúas fases rematadas, as etapas A e B, cuns 350.000 metros cadrados, xa totalmente ocupados, mentres que a etapa D, con 197.000 está totalmente comprometida. Segundo o Plan de Desenvolvemento Económico-Industrial das Pontes, está previsto que este polígono chegue a ocupar 862.844 metros cadrados.
Outro polígono, a carón do núcleo urbano, na estrada de Lugo, é o da Cruz das Cabezas, unha área que actualmente ocupa 73.000 metros cadrados, sen posibilidade de incrementar a súa superficie. E finalmente, o polígono dos Airíos, con 232.508 metros cadrados. En ambos casos, a ocupación empresarial de seu solo é total.
A modificación das normas de planeamento para acometer esta ampliación tratarase este martes, ás 18.30 horas, no pleno ordinario.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios