Amigus
As Pontes

Nota de prensa BNG: RÍO CHAMOSELO: Á CONSELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE VAISELLE A MÁN

– Hoxe mércores, o pH sitúase preto de 12.
– No tramo urbano, preto da Ponte Romana, vertéronse 14 toneladas de cal.
Cando no pasaron 24 horas da comparecencia do Conselleiro de Medio Ambiente no Parlamento e intentar respostar ás preguntas do BNG, as primeiras reaccións non se fixeron esperar; a pasividade e despreocupación diron paso á chegada de toneladas de cal ao río Chamoselo, descargadas dende un camión.


O resultado: pH 12, valor histórico non só do Chamoselo, senón para calquera río, non sendo que tivera ocurrido algún episodio grave de contaminación.
O “esforzo técnico e económico sen precedentes”, o “programa inédito en España …. so ensaiado en Canadá e nalgúns países nórdicos” ao que facía referencia o Conselleiro concrétase nun camión tirando cal.
O “xeito tan preciso e ambicioso” de tratar o problema da como resultado pasar dun pH de 3 a un de 12, unha variación total duns mil millóns -9 unidades de pH-, cando se necesitaban mil -3 unidades-. Día e noite; o que ontes era ácido, hoxe é como a lixivia.
O Chamoselo e o Eume non poden esperar mais. Dende o BNG das Pontes esiximos á Consellaría de Medio Ambiente, á COTOPT e ao Concello unha actuación inmediata, urxente, técnicamente contrastada e executada.
As Pontes, 01 de outubro de 2008

También podría gustarte
Comentarios