Amigus
As Pontes

Liga Autonómica Femenina: CD As Pontes 0 Atlético Melide 1

CD As Pontes 0. Leti, Laura, Lara, Jani (Mara 26), Silvia, Andrea, Lau, Carlota, Diana (Alba 62´), Yaiza (Mar 63´ Cati 84´), Nerea (Sara 80´).
Atlético Melide 1. Andrea, Vanessa, Raquel (María 81´), Silvia, Gloria, Noelia (Tamara 70´), Karen, Belén, Dulce, Patricia, Inés (Rocío 64´)

futbolf1.jpg


Derrota inxusta dun As Pontes, que mereceu cando menos o empate e que cada día vais a máis, perante un dos primeiros clasificados, o Atlético Melide, por 0 a 1. Puideron adiantarse as locais por medio de Lau, que fixo un partido completísimo, e hoxe exercía de capitana en ausencia de Patri Dopico, no 9´ tivo unha boa ocasión despexada por Andrea, e no 39´ un gran disparo seu que se colaba pola escadra foi rexeitado a córner no último intre cun gran paradón da porteira visitante, seguramente a mellor xogadora do encontro. Tamén se puideron adiantar as visitantes cunha falta que tiraron ó longueiro. Na segunda metade, puido marcar Diana 55´ pero o seu disparo marchou fóra, no 82´ tamén tivo unha gran ocasión Mar, pero a porteira volveu a estar sensacional, tamén resaltar un tiro ó pau das visitantes, e as xogadas por banda de Alba. Pero cando parecía que o partido ía a acabar en tablas, no desconto, lanzamento de falta da visitante Patricia, o balón rebota na barreira e acaba dentro da portería pontesa. Xarro de auga fría, derrota inxusta, para un As Pontes que cada día vai a máis e defenden a camiseta con moito orgullo.
futbolf2.jpg
futbolf3.jpg
futbolf4.jpg
futbolf5.jpg
futbolf6.jpg
futbolf7.jpg
Nova enviada por Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios