Amigus
As Pontes

Belen vivinte para o Nadal

Coa chegada do Nadal, o Concello de As Pontes, está somerxido na organización de distintas actividades para amenizar estas festas. Este ano como novidade, organizaremos por primeira vez un gran Belén Vivinte.
Tanto para a realización do Belén, que se instalará nunha carpa no patio do colexio Sta. María, coma para a cabalgata de Reis, precisamos a colaboración dos rapaces da nosa vila, polo que todos os nenos interesados en participar como actores no Belén vivinte, ou na cabalgata, poderán anotarse no Dpto. de cultura, no teléfono 981 44 03 44 ou no correo electrónico cultura@aspontes.org
Para todos os interesados, convocamos unha xuntanza o xoves 27 de novembro ás 19 h na Casa Dopeso, onde se vos informará de todos os pormenores destes actos.


Nova cortesía do Departamento de Cultura do Concello de As Pontes

También podría gustarte
Comentarios