A ATLETA PONTESA SUSANA CASTRO PENA SUBCAMPIONA NO CAMPIONATO GALEGO DE PROBAS COMBINADAS

A pesar dos seus múltiples compromisos profesionais e con moi poucas horas de descanso e de adestramento desplazouse Susana esta fin de semana a Coruña a disputar o Campionato Galego de probas combinadas en pista cuberta.
Susana venceu na proba na que foi tres veces campiona de España, os 800 metros lisos, cun tempo de 2:33:17, foi segunda en 50 metros valados con 9.23 segundos e en salto de lonxitude con 4.54 metros. Asi mesmo logrou a terceira posición en salto de altura con 1.41 e en peso con 7.54 metros.
susana_castro.jpg


A vencedora nesta proba baixo teito foi a prometedora naronesa Sonia Beceiro do Afflelou Narón que sumou un total de 2959 puntos, por 2535 da atleta pontesa que compite no Ría de Ferrol Concepción Arenal e 2442 da atleta do Ourense Academia Postal Verónica Vázquez, que foi terceira.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios