A compañía Badius retoma o sábado, no Lar de Endesa, a Mostra Local de Teatro

[Diario de Ferrol] A compañía Badius, procedente de Zas, representa o sábado, ás oito da tarde, no Lar de Endesa, a obra “Bancagare: Sucursal n° 13”. Nela, os empregados dunha oficina bancaria urden un plan, logo do retiro do seu director, para atracar a caixa forte.


Esta obra, dirixida por Alberte Vilar e creada pola propia compañía, está inspirada no filme “Atraco ás tres”. Con ela reanúdase a II Mostra Local de Teatro, que comezaba o día 12 con Quemaisten Teatro, das Pontes. O 25 de abril, os protagonistas serán os membros da compañía Carpe Diem, de Cedeira, coa obra “A lenda do pirata”.

También podría gustarte
Comentarios