A festa da Candeloria

Tal día coma hoxe os nosos maiores acudían a bendicir as candeas ou velas ás parroquias, levaban tamén a bendicir ós últimos nenos que tiveran nacido. A candelaria era unha festividade que marcaba un tempo: a metade do inverno, por iso naceu aquel coñecido refrán: “Cando a Candelaria chora, metade do inverno vai fora”.

grafico3.jpg


A festa é unha das máis primitivas que celebra a Igrexa, estableceuse no día 2 de Febreiro dende o ano 542 co emperador Xustiniano. Celebrábanse os 40 días dende o nacemento de Xesús. Os gregos denominárona Hypapante, que quere dicir “Encontro”, porque é o encontro que tiveron o ancián Simeón e a profetisa Ana no templo co neno Xesús, cando os seus pais o levaban a presentar.
A festa naceu para suplir outra festa pagana que se celebraba nesas datas en Roma (as lupercais), dándolle así un valor cristián. Foi o papa Gregorio o que iniciou o rito das candeas a fin de borrar os sentidos pagáns que acendían candeas para facer impías ceremonias no entorno dos templos ás que chamaban lustracións.
Co tempo, acostumouse a levar ás mulleres paridas á igrexa, dando gracias a Deus polo feliz alumbramento, ofrecendo ó fillo ou filla que lles tiña nacido.
A parroquia de As Pontes leva varios anos realizando a celebración da bendición dos nenos que foron bautizados nela dende febreiro do ano anterior. Quérese lembrar así o momento no que María e Xosé levaron por primeira vez tamén ó seu fillo á súa comunidade de fe.
Este ano a celebración de presentación dos nenos e de bendición das candeas é ás 7:30 da tarde na parroquia.
Coincidindo con esta data aproveitamos para facer unha análise da realidade socio-relixiosa de As Pontes, por iso quixemos presentarvos os seguintes datos de número de bautizados na nosa parroquia nos pasados anos:
1990 – 70 bautizados
1991 – 72
1992 – 50
1993 – 86
1994 – 57
1995 – 58
1996 – 41
1997 – 61
1998 – 55
1999 – 49
2000 – 45
2001 – 40
2002 – 39
2003 – 37
Se miramos para a parroquia de A Vilabella os datos son os que seguen:
1990 – 4
1991 – 2
1992 – 1
1993 – 2
1994 – 1
1995 – 0
1996 – 0
1997 – 1
1998 – 0
1999 – 1
2000 – 0
2001 – 0
2002 – 0
2003 – 2
A continuación quixemos facilitar dous gráficos que poden ser ilustrativos da desaparición da poboación en lugares como O Deveso e o Freixo, parroquias que están a piques de deixar de existir segundo os datos.

grafico.jpg

grafico2.jpg

También podría gustarte
Comentarios