Bush e Blair entre os nominados ó Premio Nóbel da Paz 2004

Lendo iblnews.com:
” ‘Choven as nominacións’, dixo Geir Lunderstad, director do Instituto Nobel de Noruega. O prazo para as nominacións vence o domingo, segundo informou Reuters.
Lunderstad dixo que está recibindo moitas cartas e ata 1.500 mensaxes diarios por correo electrónico de persoas que apoian ou denuncian ós candidatos.”…

WBUSHBLAIRROCKET.jpg


…”Entre os nominados tamén están a Unión Europea, pola súa xestión para incluir a antigos Estados do bloque soviético, o Papa Xoán Pablo II, a organización Exército de Salvación, o ex-presidente checo Vclav Havel e disidentes chineses.
‘Bush e Blair meréceno definitivamente’, dixo Jan Simonsen, membro independente do ala dereita do parlamento noruegués que nominou a ambos líderes para o premio do 2004 pouco despois de que as forzas lideradas por Estados Unidos derrocaran en abril ó ex-presidente iraquí, Sadam Husein.
‘Aínda cando non atoparon as armas (de exterminio), derrocaron a un dictador e fixeron que o mundo fora máis seguro’, dixo o venres a Reuters. ‘Quitaron a un tolo’ do poder.
As supostas armas de exterminio de Husein foron unha das principais razóns de Estados Unidos e Gran Bretaña para ir á guerra contra Irak. Pero aínda non se atoparon restos de ditas armas e a asesora de Seguridade Nacional, Condolezza Rice, admitiu o xoves que algúns informes de intelixencia previos á guerra tiñan erros.
Os analistas do Premio Nobel consideran que as oportunidades de que Bush e Blair gañen dito galardón son practicamente nulas.
En 2002, o ex-presidente estadounidense, Jimmy Carter, gañou o premio porque se opuxo á guerra contra Husein. O presidente da Comisión do Nobel dixo que a selección de Carter representaba ‘unha patada nas pernas’ de Bush polo de Irak.
O Premio Nobel da Paz de 2003, cun valor de 1,35 millóns de dólares, foi a parar á abogada iraní de dereitos humáns, Shirin Ebadi, entre un total de 165 nominados.
A data límite para nominar candidatos é o primeiro de febreiro. O premio anúnciase en outubro.”
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios