Sensacionais noticias nos chegan dende a localidade sevillana de Bormujos onde a futbolista pontesa Malena Mieres García conquistou hoxe coa selección galega alevín a medalla de bronce no Campionato de España de Fútbol 8.
A andaina da selección comezou na xornada do venres onde gañou os seus dous complicados encontros ante Castela León (1-0) e ante a anfitriona e actual campiona da categoría Andalucía (1-0), con gran actuación da xogadora pontesa.
Na mañá do sábado eran as semifinais e á selección branquiazul competía contra un oso duro de roer, Cataluña, que vencera nos seus dous encontros do sábado nin máis nin menos que 6-0 a Castela A Mancha e 9-0 a Murcia. Pero Galicia prantou cara durante todo o encontro, sensacional a central do Santa Mariña, Laura, e conseguiu chegar á tanda de penaltis, onde as catalanas acertaron as súas tres penas máximas, a pesares de adiviñar Malena os dous últimos lanzamentos, pero Galicia fallou o último e pasaron as catalanas, 3-2.
No encontro polo bronce desputado á tarde Galicia venceu 2-0 á gran selección da Comunidade Valenciana, un dos grandes “cocos” no fútbol feminino estatal, e a fortaleza de Navarra serviulle pra dar a campañada e derrotar as grandes favoritas de Cataluña por 1-0, e así revalidar o título conquistado en 2009.
Malena foi titular en todos os encontros, anque tivo os seus minutos de descanso, por normativa do torneo en cada partido teñen que xogar as 14 integrantes de cada equipo, e así Judith Barcia do Independiente tamén tivo os seus minutos. Por parte da comarca tamén xogou a futbolista do Cariño María Corral
Malena, que xa gañou a Liga de Ferrol Prebenxamín 2007-08, celebrará por todo alto o próximo mércores o seu 12º cumpreanos con esta meritoria medalla de bronce que lle ven de familia xa que entre outras cousas os seus pais Javier e Obdulia foron gañadores do Descenso Internacional do Sella, a nai por partida dobre, o seu tío Carlos é o actual seleccionador español sub21 de Kaiak Polo e o seu tamén tío Felipe foi adestrador do CD As Pontes.
Nova cortesía de Xose Ferreiro