A ITV móbil volve a As Pontes. Será os días 24, 27 e 28 deste mes de Abril

[Rtveume] A ubicación e os horarios sos os habituais. Diante da Estación de autobuses estarán o venres, luns, e martes. Para evitar que os conductores teñamos que desprazarnos da nosa localidade para pasar esta inspección obrigatoria dos nosos vehículos, ós 13 centros fixos súmanse as estacións móbiles.


A empresa S y C dispón de 6 estacións móbiles, destinadas á inspección tanto de veículos automóbiles, lixeiros e industriais, como de tractores agrícolas, que percorren toda a xeografía galega.
A visita da ITV á nosa localidade é para os veículos de uso privado adicados ó transporte de persoas, excluidas as motocicletas e ciclomotores, e con capacidade de ata 9 prazas, incluido o conductor.
Os coches ata os 4 anos están exentos desta obriga. De 4 a 10 anos, a revisión xa debe ser bienal. E para os veículos de máis de 10 anos, xa será anual.
O teléfono para pedir cita, trámite imprescindible para ser atendidos, é o 881 92 09 77 .

También podría gustarte
Comentarios