A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes presenta unha proposta alternativa á rotonda da Praza do Hospital

A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes vén de presentar nas redes sociais unha proposta alternativa á rotonda proxectada na actual Praza do Hospital que aprobaba o pleno municipal hai unhas semanas con cargo aos fondos do POS da Deputación da Coruña.
Para a Plataforma a desaparición da actual Praza do Hospital significa “a deshumanización dun lugar cunha longa historia e un xa consolidado valor patrimonial” na que se prioriza o tráfico rodado sobre o tránsito dos peóns. Asemade, dende o colectivo pontés manifestan que se ben na actualidade o espazo precisa dalgunhas melloras que garantan o tránsito e a seguridade de tódalas persoas, incluidas as que presentan mobilidade reducida, non así comparten a rotondización deste espazo a través dun proxecto que non foi sometido ao consenso dos veciños e veciñas da zona e da poboación pontesa en xeral, tal e como un proxecto desta envergadura require.
Dende a Plataforma sinalan que a Praza do Hospital é un lugar histórico con máis de 100 anos de antigüidade e que leva o nome dun antigo hospital que existía nas súas inmediacións do que hai referencias documentais no Catastro do Marqués da Ensenada de 1755, e ao carón da que pasaba o antigo Camiño Real hacia Ortigueira que atravesaba o Casco Vello pola Rúa Real.
“praza_hospital”
Sinalan ademais que a Praza aparece xa documentada no ano 1908 nunca fotografía da época, na que se pode ver un minarete/palco da música e un cruceiro, que daba nome ao barrio. O cruceiro foi trasladado nun primeiro intre ao lugar do Brixeo onde foi tiroteado durante a Guerra Civil e máis tarde instalouse no Poboado das Veigas.
praza_hospital
Segundo afirma a Plataforma a estrutura actual da Praza dase a mediados do século XX, instalándose unha fonte e unhas zocas de pedra, pasando a ser coñecida como a Praza das Zocas. Nela celébranse feiras e véndense produtos do agro. Nos últimos anos remodélase en diferentes ocasións, retirando as zocas, mellorando o firme e elevando o nivel da Praza.
praza_hospital
Para a Plataforma, con este novo proxecto que se presenta derrúbase a Praza e con ela a súa historia, deshumanizando un lugar emblemático do pobo, construindo unha rotonda e adoquinando o firme co considerable custe económico que conleva tanto de mantemento como de instalación.
praza_hospital
Segundo afirman, as rotondas presentan unha serie de inconvintes en canto á regulación do tráfico e o aproveitamento do espazo fronte a outras solucións, como son:
– Unha menor capacidade respecto a outro tipo de interseccións, emprazada en puntos de alta densidade de tráfico.
– Require un maior espazo para a súa instalación rompendo a circulación en pelotóns.
– Presenta unha maior posibilidade de bloqueo por colas inducidas.
– Dificulta a localización dos pasos de peóns.
– Require unha maior inversión respecto doutras solucións contrutivas.
– Reduce considerablemente a mobilidade dos peóns.
Dende a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes afírmase que existen outras alternativas a esta deshumanización do centro do pobo, sen apenas modificar a estrutura orixinal da praza e garantindo a mobilidade dos peóns, así como o aparcadoiro tan necesario para o comercio local. É por isto que propoñen un plan alternativo ao da rotonda, co fin de que sexa debatido e consensuado a través das redes sociais e que presentarán a vindeira semana ao Concello para a súa valoración.
A proposta da Plataforma
praza_hospital
Mantense a estrutura orixinal da Praza e a proposta de rotonda, pero de menores dimensións, que permita un equilibrio no fluxo do tráfico rodado na intersección entre a Avda. de Galicia e a Avda. de Castelao.
praza_hospital
Dótase ao espazo dunha maior área peonil, albergando unha ampla zona de aparcadoiro nos marxes laterais da Praza e eliminando parte dos aparcadoiros que dificultan a visión na saída da Avenida da Habana.
praza_hospital
Habilítanse pasos peonís que permiten o tránsito dos peóns que empregan a Praza para desprazarse dun punto a outro da mesma e dótase dunha zona de carga e descarga que evite os estacionamentos en doble fila.
praza_hospital
Recupérase o tradicional cruceiro que daba nome ao barrio (Barrio do Cruceiro) e acondiciónase un espazo para o minarete/palco da música.
praza_hospital
Plántanse árbores que den abrigo no inverno e sombra no verán, recuperando parte da estética da antiga Praza e facendo deste espazo un lugar máis humano que posibilite o disfrute d@s veciñ@s.
praza_hospital
Emprázase a parada de taxis nun dos laterais da Praza, dándolle máis vida a este espazo do pobo e recuperando prazas de aparcadoiro na rúa Alexandre Bóveda.
praza_hospital
Adecúase o nivel da Praza permitindo o tránsito a tódalas persoas con independencia da súa mobilidade, eliminando chanzos e bordos innecesarios e perigosos.
praza_hospital
Créase un espazo aberto no que celebrar actividades e eventos de todo tipo no corazón da vila e próximo aos equipamentos municipais (Cine Alovi, Biblioteca Municipal, Casco Vello, Igrexa, etc.).
praza_hospital
Dignifícase a historia e o Patrimonio da vila, recuperando vellos elementos que algún día deron nome ao barrio e foron sinal de identidade pra cantos se achegaron ao noso pobo.

También podría gustarte
Comentarios