SEGUNDA DIVISIÓN GALEGA DE RUGBI: Fendetestas RC Muralla RC (12-36)
En partido xogado este pasado domingo á mañá no Campo Monte Medulio de As Pontes, con moita chuvia e campo embarrado, caeu o Fendetestas ante o líder, Muralla de Lugo. Arbitrou o colexiado J. Salgado.
Os ponteses marcharon por diante no descanso pero trala reanudación os lucenses amosaron porque contan todos os seus encontros por vitorias.
En nove xornadas disputadas o Fendetestas suma 3 vitorias, dúas ante o Santiago, e una co equipo vigués, por seis derrotas. Pero sen embargo, marcha cuarto clasificado.
Líder é o Muralla RC con 44 puntos, seguido de preto polo CR Ferrol con 41. Xa máis distanciado está o Bierzo RC, que suma 24. Fendetestas RC tería 18, B.Universidade de Vigo 17, Jabatos RC 15, Santiago RC 13 e pecha a clasificación o CRAT da Coruña con 11.
Quédanlle cinco partidos ós verdes, visitar ó Bierzo, recibir a Jabatos e Crat, para rematar a liga en terras ferrolás, máis unha xornada aprazada na que terá que visitar Vigo. Os catro primeiros clasificados xogarán o play off polo título.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF