A rede de librarías Fnac abre en xuño un novo centro na Coruña

A Fnac, distribuidora de produtos culturais, ocio e tecnoloxía, abrirá un novo centro na Coruña o vindeiro 20 de xuño. O primeiro establecemento da Fnac na comunidade inaugurarase oficialmente no mercado Eusebio da Guarda da Coruña o día 19 de xuño, segundo informou hoxe a empresa nun comunicado.


¡A Fnac Plaza de Lugo converterase nun establecemento cultural de referencia en Galicia con máis de 200.000 títulos de libros e 150.000 referencias musicais e cinematográficas, así como con 6.000 produtos de software e 15.000 produtos técnicos distribuídos en máis de 2.500 metros cadrados de superficie.
Ademais da venda, Fnac acollerá presentacións de libros, coloquios, concertos, proxeccións e actividades nun espazo denominado Forum. Preto de 100 traballadores formarán parte dunha plantilla maioritariamente galega, xa que o 85 por cento dos empregados son galegos, segundo a empresa. Fnac investiu máis de 3 millóns de euros na posta en marcha deste novo centro.
Creada en 1954 en Francia, a compañía conta agora con 120 establecementos repartidos en Europa e países como Brasil coa máxima de ofrecer o prezo máis baico, a oferta máis ampla e o mellor servizo. Ata o de agora, Fnac conta con 15 tendas en toda España: Madrid, Barcelona, Valencia, Alicante, Zaragoza, Asturias, San Sebastián, Murcia, Bilbao, Marbella e Sevilla.

También podría gustarte
Comentarios