A selección Galega de fútbol afecionado, eliminada da copa das rexións uefa

A Selección Galega de Fútbol afecionado caeu eliminada da Copa das Rexións Uefa na primeira fase, que se está a levar a cabo en Navarra, logo de saír derrotada por 2 a 0 no seu enfrontamento coa selección catalana. Os goles foron acadados por Isma e Rodri. O pontés Simón Cabarcos foi titular e xogou todo o encontro, namentres que Xoel González non dispuxo de ningún minuto.
Info enviada por Xosé A. Ferreiro.


Facendo un pouco de historia sobre esta peculiar competición, dicir que os campións ata o de agora foron:
1999 – Veneto
2001 – Moravia (Chequia)
2003 – Piamonte
2005 – País Vasco
2007 – Dolnoslaski (Polonia)

También podría gustarte
Comentarios