A XOGADORA PONTESA RAQUEL NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

A xogadora do CD As Pontes Cadete Raquel Béjar Castro foi incluída definitivamente na lista de 18 xogadoras que representarán a Galicia no Campionato de España Sub16.
Por desgracia, o seleccionador tivo que descartar a dúas xogadoras, que foron Laura Boado, do CD Conxo, e Carmen Sumay, do Vilagarcía SD.
raquel.jpg


As xogadoras concentraránse hoxe xoves ás 19:00 horas no Gran Hotel de Santiago.
Os partidos serán mañá día 8 contra a potente selección de Madrid e o sábado contra a selección de Extremadura, no Campo de Santa Isabel, como a primeira fase.
Darán comezo ás 12:00 e 10:00 horas o sub16 e ás 18:30 e 16:30 o sub18, respectivamente.
No grupo tamén está a selección de Aragón, ó haber 16 seleccións hai 4 grupos de tres equipos máis un de catro, pero neste grupo cada selección so xoga dous partidos para non ter un partido de ventaxa con respecto ó resto dos grupos. É dicir, suprímese a teórica terceira xornada.
Na selección sub18 destacar as xogadoras que nalgunha ocasión foron convocadoas pola selección española, Zaira Aido, Nuria Pérez, Belén Fernández (que xogou no Poboado vestindo a camisola do Portosín), e Lucía Camisón.
As convocatorias definitivas son:
Sub18
O Olivo: Paula Domínguez, Cecilia Fernández, Sara Alonso, Irene Fernández.
Atlético Arousana: Carla Falcón, Alba Ferre, Sara Pazos
Tomiño FF: Judit García, Irina Martínez
Bértola FF: Fátima Area, María Calvar
Orzán SD: Nerea González
Milladoiro CF: Nuria Rábano
Villestro SD: Ariane Martínez
PM Friol: Claudia Calvete
EDA Arzúa: Helena Ramos
CCAR Valladares: Lidia Rodríguez
CD As Pontes: Raquel Bejar
Sub16
Atlético Arousana: Zaira Aido, Belén Fernández, Laura Lema, Bárbara Sierra
O Olivo: Lucía Camisón, Alejandra Troncoso, Carla Otero
PM Friol: Nerea Carballo, Nuria Pérez
ADC Monte Forte: Antía Pérez, Iria Pérez
Victoria CF: Ángela Prado
Orzán SD: Paula Vázquez
SD Compostela: Sofía Lestón
Villestro SD: Ángela Nogueira
Tordoia SD: Lara Gómez
Erizana CF: Ana González
Tomiño: Sara Álvarez
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios