Abre o prazo para reservar unha parcela no parque de Dona Rita

Marcado da Fraga 07.jpg
[Diario de Ferrol] Desde hoxe pódese reservar un espazo no parque de Dona Rita coa finalidade de construír unha cabana na Romaría da Fraga, o 25 de xullo. Segundo informa o Concello, os grupos e familias interesadas en instalar unha construcción para esta festa popular, deberán inscribirse previamente no Rexistro ou, pola tarde, nas oficinas da polícia municipal. Teñen que presentar unha fotocopia do DNI, datos persoais e teléfono de contacto.


O Concello entregaralles despois un número que se corresponderá con cada parcela, para así controlar o espazo que ocupa cada grupo e tamén ter conta do estado no que queda cada zona logo da festa.
O día 11 será o día escollido para facer a marcaxe das parcelas. Desde entón e ata o día da romaría, realizaranse dúas inspeccións para evitar que se constrúan cabanas sen autorización.
Desde o goberno local prégase ós cidadáns “respecto e coidado” e apelan ó seu vivismo para que a Festa da Fraga sexa unha romaría respectuosa co entorno. Trátase de que esta área non pague “o resto do ano as consecuencias de dous días de festa”, indica nun comunicado de prensa.
Cómplices
As festas das Pontes comezan co Carme, a mediados de xullo, e prolónganse ata a Fraga, cun amplo programa de actividades entre o que destaca o concerto que darán Cómplices e La Guardia o día 19, no heliporto Canle IV. Para a noite do 20 de xullo está prevista a actuación de Efecto Mariposa. O grupo que lidera Susana Alva presentará o seu recopilatorio “Vivo en vivo”.

También podría gustarte
Comentarios