Actividades Club Montaña O Caxado fin de semana

O sabado dia 17 cinco socios do club acompañados de algunha outra xente das Pontes participaron na V baixada do Belelle, organizada polo Club de Montaña de Ferrol e na que estabamos inscritas 295 persoas. Recoller no centro civico de Neda o dorsal correspondente a cada un a partir das 8 e media da maña, e logo en bus ata Goente, aqui desde o Gallel comezamos a camiñar as 9:40 para logo de percorrer 30 km chegar de volta a Neda. Dia perfeto para camiñar, boa organización, diploma e agasallo final (paraugas) e pa casa que maña e outro día.
O Domingo 18, e case sen darlles tempo a enfriar os pes, o Club de Montaña O Caxado organizou a terceira das rutas que ten programadas, neste caso foi á zona de Monfero, nos altos de Penafesa por riba das fragas e do encoro do Eume. As 8:30 saímos do polideportivo municipal 45 persoas que con algunhas que foron en vehiculo particular e outras que nos esperaban no inicio do camiñocompletaron o número de 54 persoas que fixeron a camiñada esa maña.
Maña soleada que nos permiteu disfrutar da impresionante vista desde o alto de Penafesa e dos miradoiros dos Cerqueiros e dos Esterqueiros. 22 kms depois e cando alguns xa daban mostras de tardarlles por ver a Gabeiras, chegamos a Pila da Leña, reffrescar na taberna e volta para As Pontes.
penafesa_01.jpg


penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
penafesa_01.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios