Actos do Colectivo Feminista de As Pontes para o 25N

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra da Muller.

Dende o Colectivo Feminista de As Pontes convidamos a toda a veciñanza a participar das actividades que programamos con motivo desta data e que pretendemos sirvan para concienciar contra das violencias machistas.

Os actos terán lugar o propio domingo 25 de novembro:

– 11:30h, na PRAZA DO HOSPITAL. Concentración contra das violencias machistas.

– 12:00h, Ruada silenciosa ata o Mercado Municipal.

– 12:30h, MERCADO MUNICIPAL- 1º ANDAR.

PALESTRA sobre as violencias machistas, na que intervirán:
– Aránzazu Rodríguez Villanueva, activista e supervivinte.
– Juana Tojeiro Blanco, avogada.
– Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social feminista.

Nova cortesía do Colectivo Feminista de As Pontes

También podría gustarte
Comentarios