ACTOS SANTA ICÍA 2010. FIN DE SEMANA DO 13 E 14 DE NOVEMBRO

Mañá sábado empezarán os actos fortes da festividade Santa Icía 2010, patroa dos músicos, que como lembramos está adicada ó movemento da música tradicional en As Pontes, en particular ó mundo da gaita, e donde se rendirá homenaxe ó gaiteiro Manuel Castro “Freixo”.
No Auditorio Cine Alovi, xa pola mañá, a partir das 10:00 horas, haberá un obradoiro de fabricación de palletas para gaita a cargo do artesán local Jaime Pena, que aprenderá ós asistentes o arte de facer estes elementos. A inscripción e o acceso a dito obradoiro é libre e gratuita.
Logo RUADA 2.JPG
Neste mesmo local, ás 12:00 horas terá lugar a presentación en sociedade de Ruada, a asociación que pretende aglutinar a todos os colectivos musicais de As Pontes, de calquer xénero músical e independientemente de que trate de agrupacións regularizadas ou non. Os representantes das agrupacións musicais promotoras de esta asociación explicaran o porqué do nacemento de Ruada, os seus fins e obxetivos primordiais e o alcance da mesma.
A continuación de este acto, darase paso a unha das actividades máis novedosas de Santa Icía 2010, unha mesa redonda-coloquio que baixo o lema “A gaita no noso entorno” estará encabezada por figuras cunha destacada laboura na difusión e ensinanza de este instrumento na nosa vila. Álvaro Seivane, do Obradoiro de Gaitas Seivane; Francisco J. Pena “Bossa”, mestre de gaita no Conservatorio de Música Profesional de Viveiro e director da Banda de Gaitas Alfaia; Xoán Carlos Rilo, mestre gaiteiro do AGADIC e coordinador musical de diversos grupos de música tradicional de As Pontes; Carolina Leal, mestra de gaita na Escola de Música da Banda de Música de As Pontes e compoñente de diversas agrupacións musicais locais; e Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos e pioneiro no ensino da gaita e percusión tradicional en As Pontes. Esta mesa redonda estará por Miguel Ferreiro, compoñente dos grupos Muxarega e Os Feroces.
E por último, á 19:00 hs, pero na Casa Dopeso, terá lugar o primeiro gran festival de Santa Icía 2010. A Coral Endesa, a Rondalla Vila de As Pontes, e os grupos de música tradicional Os Suplentes e Canavella ofrecerán as súas
mellores galas, e algunha que outra sorpresa, para honra á súa patroa.
O fin de semana pecharase o domingo co segundo gran festival, neste caso a cargo da Banda de Música Xuvenil, a Asociación Cultural Alende e a charanga Os Ponteses. Será ás 18:00 hs en Casa Dopeso.


http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/05/23/0003_7735383.htm

También podría gustarte
Comentarios