ACTUACIÓN DE MALENA MIERES NO PAÍS VASCO

A selección galega goleou a Murcia e perdeu co equipo local no desconto

A Selección Galega sub18 xogou esta fin de semana en Bilbao a segunda fase do Campionato de España.

Na mañá do venres xogaron contra a Rexión de Murcia, e gañaron por un contundente 5-0, con tres goles de Teresa Abelleira, e un de Ana Iglesias e Inés Faro.

No segundo encontro, disputado o sábado en Lezama, non puido Galicia contra a selección local. A pesar de que se adiantaban as vascas no primeiro tempo, Galicia empataba cun tanto da xogadora do Olivo, Inés Faro. Pero foi no tempo de desconto que gañaron as locais. Volveu a marcar Enara Louvelli.

Malena xogou o primeiro do encontros contra as murcianas. A selección galega despídese con dúas vitorias ante as Illas Baleares e a Rexión de Murcia, e dúas derrotas, ante as poderosas, e seleccións que exercían de locais, Cataluña e País Vasco.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios