ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NA UNIVERSIADA DE SHENZH

A arqueira pontesa Gema Buitrón está estes días en China na disputa da 26ª Universiada de Verán, das que España albergou a de Palma de Mallorca en 1999 e dúas de Inverno en Jaca en 1981 e 1995, ademáis da que terá lugar en Granada en 2015.


Nas roldas eliminatorias de recurvo feminino Gema foi 31ª con 604 puntos e a naronesa Iria Grandal foi 34ª con 601. Sensacional estivo a junior salmantina Helena Fernández, que foi 24ª con 617 puntos, co que, ademáis de ser a mellor das españolas nas eliminatorias gañouse ó deretito a disputar a competición mixta xunto ó mellor dos homes, Elías Cuesta, que logrou unha brillante 14ª praza, 22º Antonio Fernández e 40ª Andrés Gómez. As coreanas coparon as tres primeiras prazas, sendo a primeira europea Nina Mylchenko, de Ucrania (6ª)
Na competición por equipos disputada esta madrugada, as españolas (Fernández, Buitrón e Grandal) superaron na primeira rolda a Kazhakstán por un apretado 14-13, caendo na rolda de cuartos de final ante a gran favorita Corea do Sur, por 22-14, concluindo a competición por equipos na séptima praza. As semifinais serán Corea-Xapón, Ucrania-China Taipei.
Non tiveron mellor sorte os homes e caeron na primeira rolda 17-15 ante os xaponeses, finalizando na 13ª praza, mentres en recurvo mixto Helena e Elías caeron tamén na primeira rolda, no desempate ante o perigoso equipo chino (11-11), acabando na décima praza.
Mañá terá lugar a fase final da competición individual, onde, casualidades do destino, Iria e Gema se enfrontarán entre si na segunda rolda, a das 48 mellores, tras quedar exentas da primeira. A que clasifique terá un envite nada apetecible nos dezaseisavos de final, a coreana Dasomi Jung, segunda nas calificatorias. Algo máis doado o terá Helena Fernández, que defrontará a Tapashi Mondal, da India, e de pasar probablemente se atoparía nos dezaseisavos coa mexicana Aída Román.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios