ACTUACIÓN DE GEMA BUITRÓN NA FASE FINAL DA UNIVERSIADA DE SHENZHEN

A arqueira pontesa Gema Buitrón defrontou hoxe a mañá a fase final do Recurvo Feminino na 26ª Universiada de Verán que se está a disputar no sur de China.
Casualidades da vida, e estando ambas exentas da primeira rolda, na segunda, enfontabanse a pontesa Buitrón coa naronesa Grandal. Comezou adiantandose Gema, (20-17, 2-0), empatou Iria (22-23, 2-2), voltou a poñerse Gema por diante (27-22, 4-2) voltou a empatar a naronesa (23-24, 4-4) e para dar máis suspense, no set decisivo, empate a 27-27, 5-5, de nada lle serviu a Gema sumar 119 puntos por 113 de Iria, na frecha de desempate, ambas fixeron un 9, e houbo que recurrir a unha segunda frecha de desempate e ahí a balanza decantouse do lado da naronesa que estivo máis fina.


Tamén superou a segunda rolda a salmantina Helena Fernández, que venceu a Tapashi Mondal, da India por 6-4.
Sen embargo, tanto Iria como Helena caeron na terceira, a naronesa nada puido facer ante a segunda das coreanas, Dasomi Jung, que venceu 0-6, algo máis de resistencia opuxo a salmantina a Aída Román, de México, pero acabou perdendo 2-6.
Ouro para Ki Bo Bae, prata para Jung na final coreana (6-4), bronce para a representante de China Taipei, Peichin Cho.
Na competición masculina, e estando os tres arqueiros españois exentos da primeira rolda, caeu na segunda Andrés Gómez ante o italiano Massimiliano Mandia, 5-6 no desempate. Antonio Fernández venceu a Natsagdorj Amarmend de Mongolia por 6 a 0, pero caeu en terceira rolda co mexicano Luis Eduardo Vélez, 0-6. Elías Cuesta venceu a Yan Kit Ho, de Hong Kong, por 7-1, pero tamén caeu na terceira rolda co italiano Mauro Nespoli (3-7).
Podio copado polos coreanos, Im, W.Kim e B.Kim. Cuarto o mexicano Serrano.
Nova cortesía de Xose Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios