Adestramento de Yaiza e Paty con vistas á Segunda Fase do Campionato de España sub15

As xogadoras pontesas Yaiza Paleo e Patricia Carballo, adestrarán este luns en Santiago con vistas á preparación da Segunda Fase do Campionato de España sub15 na que a selección galega xogará en Xixón, o día 20 de Febreiro ás 10:30 contra a selección asturiana, e o día 21 á mesma hora contra a selección de Aragón.

adestramento.jpg


Os catro grupos da Segunda Fase quedan distribuidos da seguinte maneira. Grupo A, Cataluña, País Vasco e Illas Baleares, Grupo B, Andalucía, Extremadura, Murcia e A Rioxa, Grupo C, Asturias, Castela A Mancha, Aragón e Galicia e Grupo D, C.Valenciana, Madrid e Canarias. Das 14 seleccións participantes as 4 que máis puntos sumen no cómputo global das dúas fases serán as que xoguen as semifinais, e hai que recordar que a selección galega na primeira fase sumou unha derrota ante Valencia (3-0) e unha vitoria ante a Rexión de Murcia (3-0). A clasificación trala Primeira Fase está liderada por C.Valenciana, País Vasco, Canarias, Extremadura e Castela A Mancha, con 6 puntos, logo estarían Cataluña e Galicia, con 3 puntos, Madrid e Aragón, con 1 punto, e sen estrear o seu casilleiro Andalucía, A Rioxa, Asturias, Murcia e as Illas Baleares que aínda non sumaron ningún punto. O resto de convocadas pra a cita do luns son María, Jessica, Alejandra (Atlético Arousana), Candela, Sarai, Natalia (Cidade de Santiago), Sheila, Alejandra (Orzán), Angela Nogueira, Ángela Otero (Belvís), Marta (Alondras), Laura (Arousa), Claudia (Coruxo), Patricia (Orillamar), Nerea (Porto do Son) e Inés (Portosín).
Nova cortesía de Xóse Ferreiro.

También podría gustarte
Comentarios