ADEUS A CONDORITO

Gran xogador do Autos Puentes de finais dos 80

Este pasado mércores, tristemente falecía Juan Manuel Otero Pérez, futbolísticamente coñecido por Condorito. Nado un 24 de Outubro de 1958, Juan Manuel militou seis tempadas no mítico Autos Puentes, entre 1985-1991.

Condorito era un xogador menudo e habilidoso e sempre destacou pola súa faceta realizadora. Foi o máximo goleador do equipo en tres temporadas, e ao marxe de moitos tantos en partidos amistosos, anotou 88 goles en partidos oficiais, 74 de Liga e 14 de Copa. En total marcou 144 goles en 160 partidos co equipo pontés.

Aqueles tempos nos que estivo Condorito era un mítico Autos Puentes, adestrado polo eterno Macanás, ou polo afamado Pablo Prieto, integrado, por Fernando, porteiro que chegara a ser internacional con España, Pellón, que xogou dúas tempadas en División de Honra, futbolistas habituais das seleccións galegas como Palotes e Pichel, ou foráneos como o gran peruano Walter, ou o uruguaio Rafa.

Tamén estaban o coñecido Pereira, Man, Zokis, Javier, Paco, Moreno, Alberto, Santana, Marcelino, Pivo, Santos, Toni, Juan, Vilasuso, Rivera, Vituco, Sergio, Amador ou Expósito, entre outros moitos.

Con Condorito no equipo cabe destacar a consecución da primeira edición da Copa de Galicia, disputada nun ateigado Pavillón da Fraga, curiosamente un 25 de Xullo de 1987, na que o Autos Puentes gañou na final a outro conxunto pontés, o Automóviles Luis, por 6-0.

Tamén destacan as tres tempadas do equipo pontés na antiga Liga Nacional de 1ª División, o que sería a actual División de Plata, a Segunda División do fútbol sala español, entre 1987 e 1990, xogando contra equipos asturianos, cántabros, de Castela León, e incluso o Peruanos Kerrygold de Tenerife. Neses anos tamén se gañou o Maratón das Festas de Endesa en 1986 e 1988, e o das Festas de As Pontes en 1990.

Condorito era fillo de outro xogador mítico, no seu caso do As Pontes de fútbol campo de finais dos anos 50, coñecido como Liló, un deses moitos futbolistas que nuns tempos difíciles  contribuiron ao que sería a posterior fundación do actual CD As Pontes en 1960. Descanse en paz.

 

Nova cortesía AF e XF

También podría gustarte
Comentarios