Airgo pretende dobra-la velocidade Wi-Fi
Airgo Networks, unha startup de Palo Alto (California), que andan detrás da tecnoloxía Airport de Apple e o chipset Centrino de Intel, anunciaron antonte luns que están ensamblando un chipset que usa a tecnoloxía MIMO (multiple input, multiple output).

Esta tecnoloxía usa múltiples antenas para enviar e recibir sinais de radio. O chipset pode soportar velocidades de ata 108 Mbit/seg a distancias duas ou tres veces maiores que os chips 802.11a. Airgo foi fundada por Greg Raleigh e VK Jones, pioneiros na tecnoloxía MIMO cando estudiaban na Universidade de Stanford e máis tarde na empresa Clarity Wireless que foi vendida en 1998 a Cisco Systems.
Fonte: barrapunto.com