LoRaWan, unha rede para IoT nas Pontes

A Asociación Informática Amigus acaba de instalar un punto de acceso público LoRa, unha tecnoloxía de longo alcance e baixo consumo

LoRaWAN é unha tecnoloxía de comunicación inalámbrica de baixo consumo, bidireccional e para transmisión dun baixo volume de datos e grandes distancias.

A diferenza doutras tecnoloxías de comunicación inalámbrica, permite o despregamento nunha área extensa dun gran conxunto de dispositivos alimentados por baterías dunha maneira sinxela e viable economicamente. Este tipo de comunicación é chamada LPWAN ( Low Power Wide Area Network).

Na actualidade temos funcionando a primeira porta de enlace LoRa (gateway) que da covertura a todo a nucleo urbán, e en estudo posibles novas localizacións para dar cobertura a todo o concello.

O noso obxetivo é ter dispoñible unha tecnoloxía para que a xente poida experimentar, aprender e desenvolver proxectos contorna a ela, e así crear un tecido tecnolóxico no noso concello e na comarca.

Este proxecto esta patrocinado pola Xunta de Galicia e Amtega, en colaboración con IcoEume e o Concello das Pontes.

Máis información en https://www.amiguslabs.org/lorawan/

También podría gustarte
Comentarios