ALEX MONTERO, MEDALLA DE BRONCE EN ALMERÍA

O combinado galego acaba terceiro dos quince equipos participantes

O futbolista pontés do Esteo FS, Alejandro Montero Peteira, acadou este sábado coa selección galega a medalla de bronce no Campionato de España que se está a levar a cabo en Almería.

Galicia quedou encadrada no Grupo D, e venceu 9-2 a Castela León o xoves, con dous tantos de Alex, e 7-2 a Extremadura este venres.

Xa o sábado á mañá afrontaban a semifinal, ante a selección de Cataluña, seguramente o mellor equipo do Campionato, e o combinado galego prantou cara ata o último momento, perdendo por 6-4, cun gol de Alex como porteiro xogador, e unha asistencia.

Xa pola tarde, na final polo terceiro posto, o combinado galego venceu á Comunidade de Madrid por un rotundo 3-0, logrando o bronce, que suman á medalla de prata lograda hai dous anos tras caer na final contra Andalucía.  

No equipo galego formaban tamén como adestrador e segundo, Óscar Vigo e David García, de O Esteo FS. 

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotografías cortesía Futgal. 

También podría gustarte
Comentarios