PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – BOIMORTO CF 0
Sufrido triunfo dun As Pontes que acaricia virtualmente o ascenso
O As Pontes venceu con moito sufrimento na tarde soleada deste domingo ao Boimorto, o único equipo que o conseguiu vencer nos 31 partidos de Liga, 3-2 na ida.
Nun encontro sen moitas ocasións claras, comezou achegándose o As Pontes, cunha vaselina de Toni (9´) e un remate de cabeza de Criado (18´), si ben, nun balón que perde Adrián, futbolista dos máis destacados xunto a Rivas, queda so Borja, pero o propio xogador herculino solventa a situación (19´).
A maior oportunidade de facer gol neste primeiro período foi nunha triple ocasión na que rematan dentro da área Dani, Toni e Alex, e entre os defensas e o porteiro consiguen que o balón non entre (21´).
A un disparo de Fidi por alto (22´), e a resposta de Luisito dende fora da área que chapa Paco (32´), seguironlle ocasións alternas. Polos locais, balón que se pasea pola área, e chegando ó segundo pau remata Alex por alto (34´), e tras un bo centro do propio xogador pontés cabecea Carlos por riba (35´).
Polos visitantes, centro á área que se pasea perigosamente sen atopar rematador (38´), e sobre todo tras unha perda local no medio campo, chegada nunha contra, incorporase só por banda esquerda o máximo goleador visitante Figurín, pero salva Paco (45´).
Ao pouco do reinicio anotaron os locais o único gol do partido nun balón mal desviado por un defensa que lle cae nos pes a Toni, que controla, encara, e bate ao porteiro por baixo de disparo cruzado (48´).
Despois é Dani quen remata dende fóra da área e despexa Cortés con apuros (55´) e o propio xogador pontés cabecea fora chegando ao segundo pau (62´).
Nun ataque local que desvía un defensa estivo moi atinado Cortés para despexar in extremis a córner un balón que se colaba preto do pau (68´). A última ocasión azul chegou tras un balón que controla Dani dentro da área, cédelle a Pardo, que remata e despexa o porteiro (71´).
Nos últimos minutos apretaron os vermellos e o As Pontes defendeuse atrás, logrando salvar os tres puntos e situándose virtualmente en Terceira División. Con 82 puntos mantén 17 de ventaxa mailo goal average sobre o terceiro, Arzúa, con 21 puntos por xogar.
Si consiguen puntuar na visita a Santa Comba poderían depender matemáticamente de si mesmos na xornada 33 recibindo ao Castro.
1 CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Sánchez, Rivas, Dani, Adrián, Toni (Ramos 81´), Carlos (Pardo 63´), Fidi (Bossa 63´), Quique.
0 Boimorto CF. Cortés, Jorge, Luisito, Joseba, Oliver, Monterroso, Luismi, Sergio, Borja (Nieto 72´), Maikel (Gonzalo 78´), Figurín (Lamas 85´).
Goles: 1-0, Toni (48´).
Árbitro: Iván Carrillo Chekhov (Santiago). Auxiliado por Antelo Romero e Álvarez Cebreiro. Amarela a Monterroso.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro