O futbolista pontés Alex Cabarcos ven de ser convocado pra un encontro amigable de preparación para a segunda fase do Campionato de España Sub18 que se disputará hoxe martes ás 18:00 horas no campo de O Roxo, nin máis nin menos que contra o Cerceda, o actual líder da Terceira División xunto co Ourense.
Despois deste encontro, e de non haber ningún percance de por medio, estes 18 xogadores serán os que represenatrán a Galicia na segunda fase do Campionato de España que se desputará os días 16, 17 e 18 de Marzo en Ourense, no Campo do Couto, sendo os 3 partidos á mesma hora (12:00).
Primeiro enfrontaranse Galicia contra Cataluña o venres 16, o sábado serán aragoneses e cataláns os que se crucen entre si, para rematar o domingo co encontro entre Galicia e Aragón.
A selección galega, a pesar da dureza dos envites que lle agarda, chega cos 6 puntos logo de vencer ó País Vasco (0-1) e a Extremadura (2-4).
Na convocatoria da selección catalana, a bote pronto, hai seis internacionais, tres xogadores do Espanyol, Óscar Arroyo, central, Rubén Duarte, central-lateral esquerdo, e Albert Miravent, medio centro, e curiosamente tres medios centros aporta tamén o FC Barcelona, Pol Calvet, Fernando Quesada e Sergi Samper.
Sorprende, e asusta tamén, a ausencia de Sandro Ramírez, o xogador canario que meteu 7 dos 10 goles da selección española sub17 en Malta, e que agardemos que estea pra o minitorneo de Xeorxia do 26 ó 31 deste mes onde España se xogará a clasificación contra Inglaterra, Ucraina e Xeorxia.
Anque da gran convocatoria da selección catalana hai que agradecer que non estea o mellor xogador sub18 de todo o planeta, Gerard Deulofeu, que xa deu o salto á Segunda División co FC Barcelona B, a pesar de ter so 18 anos, recén cumpridos hoxe.
Por parte de Galicia lamentar a non convocatoria do porteiro titular de España sub17, o celeste Rubén Blanco, xa que o seu mister, Paco Herrera, a pesar de contar con moitos porteiros na canteira, decidiu que fora Rubén o porteiro suplente de Yoel no encontro do Celta en Las Palmas esta fin de semana, asi que no seu lugar vai Diego García, do Pabellón Ourense, anque a portería estará ben cuberta polo internacional David Gómez do Deportivo.
Por parte da selección aragonesa destacan sobremaneira dous xogadores internacionais do Zaragoza, Alejandro Roy, que pode xogar en ambos laterais, e o dianteiro Joel Valencia.
A convocatoria completa é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Jonathan Castro, David Goldar, Jose L. Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey
RC Deportivo de A Coruña: Daniel Iglesias, Juan Barros, David Gómez, Jorge Callón
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos
Pabellón Ourense: Karim Herrero, Alex Ocampo, Diego García.
Arousa SC. Eloy Fariña
Santiago de Compostela: Brais Abelenda
ED Val Miñor: Marcos González
Nova cortesía de Xose Ferreiro