ALEX CABARCOS XOGARÁ O CAMPIONATO DE ESPAÑA COA SELECCIÓN GALEGA SUB18

alex.jpgUnha vez oficializada a convocatoria hoxe á mañá, o futbolista pontés Alex Cabarcos Souto xogará coa selección galega sub18 na segunda fase do Campionato de España, a disputar no País Vasco, en Zubieta.
A selección desprazarase ó País Vasco desde A Coruña o vindeiro xoves día 17, ás 09:00 horas, o día 18 xogarán contra Ceuta, ás 10:30 os sub16, ás 12:30 os sub18. Ó día seguinte rematarán a competición contra a Rexión de Murcia cos mesmos horarios os dous equipos.
Hai que recordar que os 4 equipos (dos 19 que hai, as 17 rexións, máis Ceurta e Melilla) que obteñan maior número de puntos na suma das dúas fases clasificaranse pra as semifinais en cada categoría. Os sub18 na primeira fase en Aragón perderon ante o cadro local (3-1) e ante a Andalucía (4-0), asi que nesta segunda fase tentarán despedirse da maneira máis digna posible. Mellor o teñen os sub16 que en Aragón empataron cos locais (1-1) e venceron a Andalucía (3-2), asi que de obter dous triunfos nesta segunda fase moi probablemente entrarían nas semifinais.


Como xa comentamos en semanas anteriores, nesta selección sub18 salientar as ausencias do central deportivista subcampión de Europa sub17 en 2010 Uxío Marcos, e o porteiro herculino David Gómez e o media punta celeste Denis Suárez que acaban de ser convocados hai uns minutiños pra o PreEuropeo Sub17 que se disputará en Belxica do 26 ó 31 de Marzo, e no que que tras un moi cuestionable sorteo da UEFA dous dos grandes favoritos, Inglaterra e España, os finalistas do ano pasado, quedaron encadrados no mesmo grupo, e so clasifica o primeiro á Fase Final. Tampouco irá o dianteiro Denis López, que tamén adestrou este ano coa sub17 e fixo das súas no campo do Poboado.
Pero si vai a parella de Rochela no Deportivo B, Pablo Insua, ambos centrais pretendidos polo Manchester City, ou Iago Beceiro, dianteiro internacional sub17 o ano pasado en varias ocasións e que xa debutou este ano co Deportivo. A destacar tamén o lateral dereito olívico Jonathan Castro, que este ano adestrou coa española sub17 nalgunha ocasión.
Unha magoa que o outro pontés Juan Prieto Criado estivo a un paso de ser convocado pero a lista definitiva é a seguinte:
RC Deportivo de A Coruña: Alvaro Queijeiro, Álvaro Lemos, Iago Beceiro, Pablo Insúa, Álvaro López
RC Celta de Vigo: Alberto Rey, Alfredo Navarro, Jonathan Castro, Kevin Vázquez
Pontevedra CF: Javier Pazos, Eugenio Cameselle
Real Racing Club de Ferrol: Pablo Calviño, Javier Vispo
Montañeros CF: Javier Fuentes, David Remeseiro
Victoria CF: Iván Patiño,
Pabellón CF: Jose M. Gonzalez
CD As Pontes: Alex Cabarcos Souto
Na selección sub16 a destacar os catro internacionais, os celtiñas, o porteiro Rubén Blanco, o medio saído da canteira do Val Miñor Fernán Ferreiroa e o dianteiro Tomás Abelleira, fillo do adestrador Milo Abelleira, que entrenou o As Pontes en 1998, ademáis de Ourense, Pontevedra e Leonesa, entre outros. Tamén vai o central da factoría de Abegondo Roberto Suarez.
Os convocados sub16 son:
RC Celta de Vigo: Rubén Blanco, Jordán Domínguez, Fernán Ferreiroa, Tomás Abelleira
RC Deportivo de A Coruña: Gabriel Sanin, Roberto Suárez, Ángel Fernández
CD Lugo: Daniel Pedrosa, Amadeo Toledo, Richard González
Pontevedra CF: Bruno Ribada, Brais Cancelas
Pabellón CF: Diego García, Jorge De Dios
CD Areosa: Enrique Veras, Javier López
Victoria CF: Anxo Calvo
Montañeros CF. Alejandro Ares
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios