Amigus
As Pontes

AMIGABLE. BAXI FERROL 53 – PERFUMERÍAS AVENIDA DE SALAMANCA 77

Partido histórico en As Pontes entre o lexendario equipo salmantino e o cadro departamental que retorna esta temporada a Primeira División

Partidazo de moitos quilates o vivido este mércores á tarde no Pavillón Municipal.

Si xa é un luxo recibir ao Baxi Ferrol, que esta campaña 2023-24 retorna a Primeira División, tamén o é recibir a visita do mítico Perfumerías Avenida de Salamanca, o gran dominador do basket español na última década, que acumula 1 Euroliga, 1 Supercopa de Europa, 8 Ligas, 10 Copas e 9 Supercopas.

Por As Pontes pasaron internacionais españolas e Campionas de Europa coma Silvia Domínguez, Laura Gil, Leo Rodríguez e Andrea Vilaró. Incluso tamén campiona continental recentemente foi a belga Antonia Delaere.

O partido de hoxe tivo pouca historia entre un equipo que aspira a todo e o outro a manter a categoría con moita honra. Comezaron moi ben as ferrolás, pero pouco a pouco as salmantinas foron impoñendo a súa calidade e maior banquillo ata o 53-77 definitivo.

Ao descanso chegouse con 31-43 e a máxima anotadora foi a gran canaria Leo Rodríguez con 16 puntos.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios