Amigus Labs • Maker 19.2

O vindeiro 1 e 2 de xuño, na Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación.

Na xornada do Amigus Labs • Maker 19.2 avanzaremos nos tres proxectos que nos levarán a IV Regata Solar que organiza Marine Instruments en Baiona o vindeiro 22 de xuño.

Os proxectos son abertos, realizados dentro do Fab Lab, onde calquera poder participar para fomentar a creatividade e a colaboración entre entusiastas das novas tecnoloxías ou xente que lle gusta aprender algo novo. En todos eles empregamos software e hardware libre ou de código aberto.

Por un lado rematar a programación e configuración dun Banco de Probas, para analizar de forma sinxela a eficiencia de distintos motores e helices para analizar cual nos dará un maior rendimento. O prototipo o fixemos con dous Arduinos Nano, e sensores de IR e UV, sensor de carga e un voltimetro mediante un divisor de corrente. Os valores que analizamos e o maior empuxe que da cada conxunto de helices e motor en funcion de diferentes condicións de corrente simuladas que podemos obter coa placa solar.

O Barco Solar de este ano, de novo diseñado e impreso en 3d, a piques de rematar de facer os ultimos retoques de pintura do casco, e a falta de engadirlle a electrónica e mecánica e comenzar as probas de navegación no Lago de As Pontes. Este ano o barco ten un deseño máis eficiente, nos basamos de novo nun deseño dun trimarán con hydrofoil, que esperemos que nos faga un excelente rendimento, tal e como fixo nas probas do simulador.

E o Coche Solar, que estamos acabando de imprimir en 3d, tamen un deseño completamente en 3d, evitando utilizar no máximo posible pezas comerciáis. Durante a Amigus Labs o montaremos e diseñaremos as partes de hardware e software libre para o control.

Tódalas actividades realizaranse de 10:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00 o sábado e de 10:00 a 14:00 o domingo.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 30 de maio. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Patrocinan:

Xunta de Galicia • Amtega

Colaboran:

Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Conservatorio Profesional de Música de As Pontes

Amigus Labs é un proxecto da Asociación Informática Amigus.

O noso obxectivo é achegar posibilidades novas cada día, e facémolo poñendo en contacto persoas, ideas e proxectos, e facilitando o acceso a tecnoloxía e recursos.

Amigus Labs está formada por persoas curiosas e con ganas de aprender nun entorno de traballo amigable. Con acceso á tecnoloxía e compañeiros que nos axudarán na nosa aprendizaxe e con ese proxecto que tes en mente, que sabes que pode facerse, pero que agora non sabes como.

Amigus Labs é un proxecto en fase de desenvolvemento para a creación dun Laboratorio de Arte e Creación Dixital. Nestes espazos os deseños realizados por computador pódense materializar en obxectos reais.

O proxecto centrarase na creación dun espazo de traballo comunitario para fomentar o uso e o coñecemento da fabricación dixital e as novas tecnoloxías.

Amigus Labs poñerá a disposición de todos os cidadáns coñecementos e máquinas de precisión controladas por computador para poder realizar e desenvolver as súas ideas. Descubrirás o fácil que é chegar a usar as novas tecnoloxías para fabricar case calquera cousa, a través dun programa educativo de sensibilización que comprende talleres, actividades e cursos de capacitación relacionados coa arte e creación dixital.

Desde a cultura ‘open source’, baseada no concepto de compartir o coñecemento e fomentar o intercambio aberto de ideas. Queremos crear un impacto social e tecnolóxico a escala local empoderando aos cidadáns de As Pontes e comarca a través do uso de novas tecnoloxías, a reciclaxe e a creatividade.

O noso obxectivo é converternos nunha ferramenta educativa e creativa aberta para todos os públicos, a través dun espírito baseado na colaboración, o deseño e o coñecemento compartido.

Amigus Labs é un proxecto en fase de procura de colaboradores e financiamento, que nos permita dispoñer dun espazo físico entendido como espazo de traballo, estudo e desenvolvemento de proxectos.

También podría gustarte
Comentarios