Amigus
As Pontes

Amigus Labs • Workshops´19

Xornadas de traballo en proxectos de Amigus Labs do 13 ó 21 de abril

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Nas xornadas do Amigus Labs • Workshops do 13 ó 21 de abril, traballaremos nos proxectos que temos abertos, como o barco autonomo solar e o vehículo solar para a regata que se celebrará en Baiona en xuño, na fabricación dun escaner 3d, así como optimización das impresoras 3d e novos proxectos.

Nos últimos meses hemos traballado no deseño de diversos prototipos, e queremos adicar un par de días para optimizalos, como é a impresora 3d de gran formato.

No Amigus Labs potenciaremos o uso de software e hardware libre, dende placas Arduino e Raspberry Pi, ata software de programación, deseño, modelado e animación 3d.

Un workshop é un taller, o que quere dicir que os asistentes a el han de involucrarse en todo o que alí sucede. É sobre todo utilizado para adquirir novos coñecementos ou habilidades ou intercambio de impresións á vez que se favorece o traballo en equipo.

A idade mínima para participar nos workshops e de 8 anos en adiante, e a inscrición é gratuita. Tódalas actividades realizaranse dende o sábado 13 ó 21 de abril en horario de 10:00 a 14:00.

Podes traer o teu proxecto maker para continuar o seu desenrolo, e compartir con todos a tua experiencia na sua fabricación e coñecemento, así como recibir axuda e opinión de outros makers. Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador, equipo de electrónica, impresora 3d… e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi 
– Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 12 de abril. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Patrocinan:
Xunta de Galicia • Amtega

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Conservatorio Profesional de Música • Openor • Xestoría Coello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios