Amigus
As Pontes

Antón Ferreiro: A irmandade pervive tras case 20 anos de traballos e máis de 30 encontros realizados

[El Progreso – Especial Terra Chá] Cristina Arias
Falar de Lesneven é falar de Antón Ferreiro, presidente da irmandade que une As Pontes co pobo bretón e co galés de Carmarthen.

O seu obxectivo é facilitar as relacións dos habitantes destas cidades e dar a coñecer As Pontes, e neso leva dende a creación da asociación no ano 1991. Como xurde o irmandamento con Lesneven, que foi o primeiro?

A Unión Europea comezou no 85 a facer irmandamentos entre os pobos para concienciar á xente da súa pertenza a Europa. Lesneven quería unirse cun pobo do sur de Europa e o irmandamento con As Pontes foi de forma casual, a partir dunha pontesa que coincidiu en Francia cunha de Lesneven. E así xurdiu. A finais do 90 unha delegación de Lesneven veu a As Pontes e a primeiros de 1991 outra das Pontes foi a Lesneven.
Cal é o obxectivo desta unión?
A convivencia entre as persoas e concienciarnos de que formamos parte dun proxecto común. Trátase de coñecer as nosas culturas que, neste caso, pese a ser moi parecidas porque ambos somos de orixe celta, son diferentes. Sorprendeunos moito como coidan a súa cultura e o seu patrimonio. Vamos moi atrás nese sentido, aínda que coa entrada na Unión Europea estamos mellorando moito.


ferreiro.jpgComo é a relación entre os pobos?
As familias de alí é como se foran familias de aquí. Máis unidos non podemos estar. No 2005 unha bretoa casou cun pontés e xa hai un descendente desa unión. E outro apradiñou un cativo de alí.
Que papel xoga a asociación?
Nace a raíz do irmandamento para que este non quedara só nunha sinatura. Somos unha asociación de carácter cultural e apolítica.
Cantos socios ten?
Na actualidade conta cuns 80, dos que a metade participan activamente nos intercambios.
Como organizan os intercambios?
Un ano vamos nós e outro veñen eles, salvo algúns que é dobre, coma no 91 e no 2000. No 2011 cabe a posibilidade de que tamén sexa así para celebrar os 20 anos.
Está cerrada a visita deste ano?
Tócanos ir a nós en agosto. As datas que se barallan son do 17 ó 26, aínda que queriamos adiantalas porque na primeira quincena celébrase o festival de Lorient, a 90 kilómetros de Lesneven, no que vai participar un grupo galego, do que é membro un pontés.

Persistirá no tempo esta relación ou faltan relevos xeracionais?

Vai haber continuidade, senón non levariamos 19 anos. Estamos satisfeitos de que o irmandamento e a asociación perviven co paso dos anos e cada vez vai a máis.
Son dos máis veteranos de Galicia, serven de guía a outros?
A nivel de Galicia fomos dos pioneiros. Só estaba Lugo con Dinam e Vigo con Lorient. Fomos os terceiros en unirnos á Bretaña francesa e agora hai cerca de 15 localidades galegas irmandadas con cidades e vilas bretoas. Temos o recoñecemento do comité europeo e varias felicitacións da Xunta.
Que presenza ten As Pontes alá?
Coñécese As Pontes e Galicia non só en Lesneven, en toda a Bretaña. Facemos de embaixadores. No 93 inauguramos o xardín das Pontes e no 2002 a rúa de Galicia.
Ademais, no museo de Léon hai unha sala adicada, na que se poden atopar traxes rexionais, artesanía, libros, fotos, un cruceiro… Sempre tratamos de levar regalos típicos e tradicionais da terra.
E Lesneven nas Pontes?
Ben, co paso dos anos xa é máis coñecido, grazas ós intercambios, que xan son máis de trinta. Hai máis interese. E temos un parque adicado a Lesneven e unha praza
a Carmarthen.
O segundo irmandamento. Como e cando nace?
No 98 xurde a idea nun encontro en Lesneven coincidindo coa delegación galesa e a proposta da entón alcaldesa de Carmarthen, porque eles xa estaban irmandados
con Lesneven e querían facer outro. No 2001 acordouse nos dous concellos, no 2002 fíxose o acto oficial en Carmarthen e no 2003 nas Pontes.
Esta relación semella distinta.
Fixemos intercambios no 2004, 2006 e 2007. A dificultade é que somos unha asociación para as dúas cidades e é difícil concienciar á xente para tantos intercambios. É complicado, tanto na organización como en todo porque require cartos. Comentamos con eles de facer os intercambios máis espaciados no tempo, cada dous anos. Invitámolos a vir en 2010 e estamos á espera da súa resposta.

As Pontes tamén ten lazos co cubano Arroyo Naranjo e falábase de unirse ó alemán Seftenmberg.

O do pobo cubano foi algo a nivel do Concello no que non participamos e o de Alemania, a nós parécenos ben, pero terá que ser outra asociación quen se encargue del, posto que nós xa temos dabondo con dúas cidades. Por suposto que colaboraremos con ela.

Como se financia a asociación?

A través de subvencións a nivel europeo, axudas do Concello e as aportacións dos socios. A asociación está saneada pero cada vez hai máis dificultades para recibir
cartos europeos porque os países do leste teñen prioridade. Por parte do Concello sempre recibimos apoio e axuda.
De preto
A Irmandade organiza xunto a Niño do Azor as Xornadas da Terra. Cal é o obxectivo?
Temos inquedanzas por Galicia e gústanos dar a coñecer a nosa cultura sen despreciar as demais. A idea é traer un persoeiro reprentativo da cultura galega.
Colabora con varios xornais…
Colaboro de forma voluntaria e altruista. Quero que As Pontes sexa coñecida por aí adiante. A veces teño que sacarlle tempo ó tempo, pero fágoo con gusto.

Un afección?

O fútbol e o deporte en xeral, a xeografía, a historia e o cine.

Un lugar das Pontes?

A Fraga e como non, o terruño dos meus pais, As Barosas e O Cotelo, e a aldea onde vivín a miña infancia e xuventude, a Ponte da Pedra.
Nomeárono Cidadán de Honra en Lesneven, que supuxo?
Unha gran alegría, un recoñecemento a un traballo que fas.

Como recorda os primeiros intercambios?

Había certo recelo de como sería, era un gran acontecemento, pero sempre foron ben.

También podría gustarte
Comentarios