Este xoves día 13 de Xullo terá lugar unha Asemblea Extraordinaria de socios do CD As Pontes, na que o Presidente, Xaime Castro, e a directiva, tratará o tema da actual situación do clube, e a continuación haberá unha rolda de rogos e preguntas.
Todo isto, antes de que comece a rodar a vindeira tempada, 2017-18, xa que a pretemporada está previsto que arrinque o vindeiro mércores día 19 de Xullo.
Terá lugar no Lar, nunha primeira convocatoria que será ás 19:30, e unha segunda prevista para as 20:00.
Nova cortesía de Xose Ferreiro