A case tres meses para a celebración das festas patroais de As Pontes,xa se poden adiantar algúns datos duns festexos que van apostar este ano por unha maior participación e dispersión canto ós actos promovidos nestes días festivos.
As actividades e actuacións repartiranse entre os diferentes barrios da localidade, e non se circunscriban tan só ó centro urbano.Ademais buscarase organizar máis actividades para nenos e nenas,contando coa participación das asociacións cuturais e deportivas da vila.
Canto ás actuacións musicais, que adoitan ser do máis agardado, este ano o Carme apostará pola nostalxia con dúas referencias dos oitenta:o dúo Cómplices e a banda de Manuel España –La Guardia, que volveron a escena logo de máis dunha década dende a súa disolución. Actuarán conxuntamente,mentres que o concerto en solitario recaerá nos malagueños Efecto mariposa, que saen este verán coa súa xira Efecto 2.008.
Ademais vaise apostar fortemente polas orquestras, estando xa a piques de pechar a tódalas grandes do momento.Canto á romaxe da Fraga este ano o festival folk vai contar con todo un luxo no cartel, cos irlandeses Gwendall. Xunto a eles estarán, na noite do 24, a música tabernaria de Sérralhe-aí, e Zarambeques.
Novas
- Curso de mbot2
- Curso de Xestión Electrónica para asociacións
- RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NA LXI TRAVESÍA DE FOZ.
- Curso intermedio de Arduino
- RESULTADOS DO GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K2 PARA CATEGORÍAS BENXAMÍNS E ALEVÍNS.
- RESULTADOS VI REGATA DO 2º CIRCUITO DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
- VI REGATA DE PIRAGÜISMO DO 2º CIRCUITO DIPUTACIÓN DE A CORUÑÁ
- RESULTADO GRUPO XUVENIL NO DESCENSO INTERNACIONAL DO MIÑO.
- RESULTADOS GRUPO XUVENIL REGATA PROVINCIAL OUTES
- O LAGO DE AS PONTES ACOLLERÁ A PRIMEIRA REGATA CLASIFICATORIA PARA A CLASE OPTIMIST
Seguinte
También podría gustarte
Comentarios