Amigus
As Pontes

Axenda Cultural SÁBADO 29 marzo: RUMPELSTIKIN, o anano saltarín

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

3ª FESTA DO FREIXÓ. Sábado 5 de abril · Campo da Festa do FREIXO. 14:30 h Comida (Empanada, cocido e freixós, 15 eur./persoa) · amenizada polo Grupo NO CÓMBARO · e o Dúo MARACUYÁ. Exposición de artesanía e produtos do país.
CURSO INSTRUMENTAL (iniciación á musica jazz e conxunto) Sábado 5, sábado 12 e domingo 13 de abril na Casa Dopeso. +info e inscricións no Conservatorio de Música das Pontes 981 440024. Coa colaboración da Concellería de Xuventude/OMIX e Conservatorio profesional das Pontes, ANPA Eume
TEATRO INFANTIL. O sábado 5 de Abril, ás 18:30 h a compañía ELEFANTE ELEGANTE presentan o espectáculo: AURORA, dirixida a nenos apartir de 3 anos e públic o familiar. Esta creación mestura teatro de actor e videocreación. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso. AURORA é a historia do encontro dun aviador coa raíña das coruxas, que coma todas as coruxas, lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece, síntese mellor que nunca. Voa dun lado para o outro, axita as ás e asubía como o vento. Pero ao mencer, énchese de tristura. O sol queima a súa pel e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudar á Coruxa, pero será posible vivir nun mundo sen sol? . Horario taquilla: 17:00 h · Prezo: 3 € e 1,50 € (reducida: menores de 12 anos, carné xove, carne de estudiante e maiores de 65 anos)
O luns 7 de abril, A biblioteca convídate a compartir un café con libros.
Falaremos de autores e recomendaremosvos lecturas . Esta nova xornada de café con Libros será en Casa Teresa ás 10.30h

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios