Boa actuación de Borja Prieto nas cribas da federación con vistas ó Europeo de Avilés

O palista pontés Borja Prieto superou este sábado de forma satisfactoria os controis selectivos establecidos pola federación española para elexir os palistas e as embarcacións que representarán a España nos Europeos de Piraguismo que terán lugar en Avilés do 1 ó 4 de Xullo, no embalse de Santa Cruz de Trasona.
borja_prieto.jpg


Na semifinal de K1 1000 Borja gañou a súa serie por diante de Emilio LLamedo e Álvaro Fernández. Xa na final o triunfo foi para Javier Hernanz con 3:50:65, segundo outro asturiano, Emilio Llamedo con 3:54:94 e terceiro posto para Borja con 3:55:27.
Na final directa de K1 500 Borja foi segundo por detrás de Javier Hernanz, ó que puido vencer, pero unha mala palada nos últimos metros fixo que o asturiano gañara por unha décima, 1:44:49, contra o 1:44:59 do pontés. Terceiro foi Iñigo Peña con 1:45:24.
Os campións olímpicos Craviotto-Perucho fixeron doblete en K2 200 e 500, namentres que Pablo Andrés venceu en K1 200.
En principio segundo os criterios establecidos pola federación serán os gañadores de cada proba os que representen a España, anque aínda está pendiente a convocatoria oficial que sairá nos vindeiros días. O que si é certo é que Borja ten todas as papeletas para entrar no K4, e incluso podería doblar tendo en conta que España por ser anfitrión estará representada en todas as modalidades.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios