BORJA PRIETO ACABA O CAMPIONATO DE ESPAÑA CON 5 MEDALLAS

O palista pontés Borja Prieto Valera tivo un sensacional rendemento no Campionato de España, e remata a tempada conseguindo 5 medallas, 1 ouro, 1 plata e 3 bronces.
Ós catro metais conseguidos onte hai que sumarlle hoxe o bronce no K2 200. Borja e mailo campión olímpico, o ilerdense Saúl Craviotto, gañaron a contrareloxo clasificatoria, e nas semifinais foron terceiros conseguindo o pase para a gran final na que gañou o dúo formado polo campión olímpico Perucho e Rodrigo Tiebo (33:09), segundos o campión mundial de relevos Pablo Andrés e Asier García (33:56) e Borja e Saúl bronce con 33:57.
borja.jpg


Nun K1 200 metros de moito nivel, Borja foi 6º na súa semifinal, pero sen embargo gañou a final B cun tempo de 37:25 por diante de Jaime Acuña e Rodrigo Tiebo. Na final A ouro para Craviotto, plata para Andrés, bronce para o galego Dono.
Desgraciadamente nin Borja nin Saúl competiron no K4 200 polo que fuxiu a opción da sexta medalla nun campionato que non deixa de ser tremendamente exitoso para os intereses do palista pontés.
Por equipos gañou Tudense con 2307 puntos, segundo Sevilla con 1226, e terceiro o PiraguaMadrid de Borja con 1020. O Firrete de Pontedeume foi décimo con 500 puntos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios