BORJA PRIETO, ANTONIO POLO E CARLOS PEDREIRA CONVOCADOS POLA SELECCIÓN

A Federación Española de Piraguismo confirmou estes días, á espera da convocatoria oficial, que o palista pontés Borja Prieto Valera formará parte do K4 1000 metros que competirá nos Mundiais que se levarán a cabo na cidade polaca de Poznan do 19 ó 22 de Agosto.
Quedando aínda catro embarcacións por confirmar, que se xogarán as prazas definitivas o vindeiro 11 de Agosto en Verducido, os membros da Federación preferiron tratar de afianzar o K4 en vistas ós futuros Xogos Olímpicos de Londres, e Borja, que venceu con solvencia no K1 500 non dobrará e reservará ás súas enerxías para loitar xunto ós seus compañeiros Llamedo, Germade e Piña por unha boa plaza no K4 1000 metros.


Tralos selectivos controis, ós palistas da delegación española quedanlles apenas dúas semanas de adestramento pra tratar de acoplarse e encarar da mellor maneira posible a cita mundialista.
Pola súa banda os incombustibles Antonio Polo e Carlos Pedreira volveron a vencer esta fin de semana, esta vez na Travesía de Catoira, conseguindo a súa enésima victoria no que vai de temporada. Impuxeronse a Dobarro-Outeda (O Grove) e Millán-Martínez (Pontevedra), K2 ós que aventaxaron en 6 e 25 segundos respectivamente. Tamén competiron en C2 Ricardo Estévez e Hernán Fernández que acabaron undécimos.
A boa traxectoria dos palistas ponteses non pasou desapercibida pra a Federación Galega de Piraguismo que decidiu convocar a Antonio e a Carlos como o K2 que representará a Galicia no prestixioso Descenso Internacional do Río Sella que terá lugar este próximo sabado en terras asturianas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios