Borja Prieto consigue o ouro en K1 200 metros na Copa de España

Nas probas celebradas hoxe sábado en Verducido Borja fixo unha sensacional proba de contrareloxo individual onde quedou no segundo posto so por detrás do campión olímpico Saúl Craviotto, en terceira posición, outro campión olímpico, Perucho.
Nas semifinais do K1 200 metros foi terceiro na súa serie por detrás de Ekaitz Saies e Pablo Andrés, e xa na final foi 9º, final na que se impuxo Craviotto, por diante de Saies (plata) e Perucho (bronce).
Na contrareloxo do K2 Borja e Saúl so puideron ser 19º.
Pero nas semifinais impuxeronse na súa serie gañando na regata definitiva cun final moi apretado a Perucho e Rodrigo Germade, plata, namentres o bronce foi para Pablo Andrés e Asier García.
Mañá domingo será o turno para os K4, con nova participación de Borja.


Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios