BORJA PRIETO CONSIGUE A CLASIFICACIÓN PARA A COPA DO MUNDO

O palista pontés Borja Prieto Valera superou onte as cribas da federación española de piraguismo e representará xunto a outros sete compañeiros a España nas probas da Copa do Mundo que se disputarán as vindeiras semanas en Racice (R.Checa) e Duisburgo (Alemaña).
Na derradeira criba de selección citabanse 12 grandes piraguistas do ámbito estatal, dos que quedaron fora o doble campión do mundo de Maratón o pontevedrés Álvaro Fernández Fiuza, o ex compañeiro de Borja no K4 200, Álvaro Bravo, o vasco Ekaitz Saies e Víctor Rodríguez.
borja_prieto.jpg


Os oito clasificados definitivos son dous dos habituais compañeiros de Borja no K4, Rodrigo Germnade e Emilio Llamedo, cae Diego Piña, tamén clasifica e con moi boa nota o “suplente” do K4 Íñigo Peña, e os restantes catro son a sensación do 2011 Francisco Cubelos, os campións mundiais de relevos Fran Llera e Pablo Baños ademáis do 4º clasificado do Europeo de Avilés en K1 1000 metros Javier Hernanz.
Estes oito piraguistas clasificados conformarán dous barcos de K4 dos que nos vindeiros días se saberá a sua composición.
De momento a seguinte proba será a vindeira fin de semana, a Copa de España de 1000 metros.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios