CAMPAÑA DE APOIO Á PONTESA SABELA RAMIL

A concursante pontesa precisa esta semana do apoio do público para achegarse á gran final

A concursante pontesa Sabela Ramil Rivera cantou esta semana na Gala 10 de Operación Triunfo a canción “Te necesito”, de Amaral. A pesar da súa gran actuación Sabela acabou nominada xunto á malagueña Marta Sango.

Dado que apenas quedan tres semanas para o remate, e a concursante pontesa, a que máis evolucionou durante todo o concurso, está tan preto da gran final, pregase ó público pontés que a vote para que continue formándose na Academia.

Coma viña acontecendo todas estas semanas, a xente pode votar unha vez ó día na app gratuita oficial do concurso. Simplemente hai que descargala da Play Store do móvil. Unha vez dentro hai que cliquear na parte de abaixo a pestaña do corazón, e despois votar.

Tamén se pode participar chamando ó teléfono 905-810-002, cun custe de 1,45 € si se chama dende o teléfono fixo e 2 euros si se chama dende o móvil, ou enviando un sms co texto “Salvar Sabela” ao 25152, cun custe de 1,45 €.

También podría gustarte
Comentarios