Este pasado domingo 19/01/2025 tiña lugar o XXVIII Memorial Alejandro Lorenzo na Pobra do Caramiñal, no circuito da praia do Cabío, onde se citaban as categorías de máster e as sub-10, 12 e 14 con representación Pontesa por medio dos atletas do Clube Olympo e de Esteban Díaz que rematou terceiro na categoría 35-40 anos e primeiro en 40 anos. No tocante ós máis novos, a filla de Esteban, Mireia Díaz conquería a medalla de prata para o Olympo na categoría sub-10 feminino, do mesmo xeito que o equipo masculino sub-12.
Nova cortesía de Esteban Díaz.
Resultados cortesía da Federación Galega de atletismo