Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 – SDCR SPORTING CAMBRE 3.

Partido este domingo á tarde no Poboado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triunfo do colíder Sporting Cambre no inicio da segunda volta este domingo chuvioso no Poboado.

Os visitantes marcharon ao descanso con 0-2 cos tantos de Pablo e Brahiam. Recurtaban distancias os locais xusto no inicio do segundo período por medio de Cobas, pero ese impulso viuse freado tras unha falta evitable na que Jose fixo o terceiro.

Os coruñeses tiveron varias ocasións e incluso un gol anulado, pero os locais non deron o encontro por perdido aínda que atacaron con máis corazón que cabeza.

Equipo visitante por certo dirixido poloa gran Mauro García Juncal, lateral moitos anos no Compostela e Rayo Vallecano en Primeira e Segunda División.

Sorte dos tres valiosísimos puntos a semana pasada en Meicende. Décimos con 23 puntos próxima visita derbi co Numancia de Ares, decimo séptimo con 17 puntos nunha zona baixa moi comprimida.

Xogaron Cristian, Criado, Óscar (Jandro 64´), Cayetano (Hugo 73´), Javi, Caamaño (Pablo 46´), Daniel (Xoel 46´), Elías, Xandre (Luis 73´), Alexandre, Bruno.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios