Contundente triunfo do Fendetestas pontés de Rugbi no encontro disputado este domingo á mañá no Evaristo Puentes ante o Barbanza Mareantes por 66-7. Ao descanso o marcador xa era de 40-0.
Os verdes anotaron dez ensaios, a cargo de Antonio (2), Adrián (3), Mario (2), Vladimir (2) e Óscar, con oito conversións a paus.
Xogaron Ezequiel, Anxo, Edgardo, Ansumana, Miguel Ángel, Mario, Antonio, Senén, Iván, Vladimir, Claudio, Óscar, Adrián, Antonio Manuel, Roberto; Sergio e Lois.
Lidera claramente Pontevedra con 34, e pola segunda praza pelexan Fendetestas (20), Mareantes Barbanza (18) e Santiago (15). Pecha cun so punto o Zalaeta. Na vindeira xornada visitan ao Santiago.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro