CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16. GALICIA 2 ARAGÓN 1

Vitoria da selección galega feminina contra a aragonesa por dous goles a un. As xogadoras pontesas Yaiza Paleo e Patricia Blanco non foron da partida, si ben xa foi moi meritoria a súa convocatoria, e máis contando con un ano menos. As autoras dos goles foron Natalia Sánchez (Cidade de Santiago) e Jennifer Gónzalez (Coruxo), nunha selección galega que onte recibiu a feliz noiticia de que as súas dianteiras Andrea Carid (Pontevedra) e Claudia García (Coruxo) foron chamadas a adestrar coa selección española sub17. Á espera da última xornada que enfrontará a Illas Baleares e Galicia, e tendo en conta que na primeira a selección aragonesa e a balear empataron a dous, a selección galega sitúase líder do Grupo Terceiro.


Nova cortesía de Xóse Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios