Amigus
As Pontes

CAMPIONATO DE LIGA DE VETERANOS 2011/12: O MOBLES EUME VIRTUAL CAMPIÓN DE LIGA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Logo da derrota de Farmavida diante de Construcións Guerreiro, o Mobles Eume é, salvo unha catástrofe, o novo campión da liga de fútbol-7 de veteranos de As Pontes. Nun partido de moitos goles, o conxunto farmacéutico caeu pola mínima diante de Construcións Guerreiro por 5-4. Pola súa banda, o líder non tivo compaixón de As Pontes-74, equipo que acudiu ó partido cun home menos e o resultado final foi de 7-0. Nos outros encontros, A Cepa gañou a Maren por 2-0 e Xuntanza a MMYPEM por 4-1, mentres que houbo empate a un gol entre Cafetería Bahía e La Galaxia.
A falta de tres xornadas para o final da competición, Mobles Eume, con 45 puntos, ten o título de liga na man. Un triunfo daríalle o campionato de liga. En segunda posición está Farmavida, con 41 puntos e un partido máis. Terceiro é Santaballés con 36 puntos. A continuación están Construcións Guerreiro (29), As Pontes 74 (25) e La Galaxia (24), Cafetería Bahía (23), A Cepa (19), Xuntanza (12), MMYPEM (6) e pecha a clasificación Maren, con cinco puntos.
Comparten o liderato na táboa de goleadores, con 17 tantos, Juancar (C. Guerreiro) e Iván (Santaballés). Segue Michel (C. Guerreiro), con 14 tantos marcados. Con once goles están Fernández (A Cepa) e Susín (Mobles Eume) e con dez tantos marcados, Manel e Pepe, de Mobles Eume.
En canto ós porteiros menos goleados, continúa de primeiro Marcelino (Mobles Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Enrique (C. Guerreiro), Peruzzi (C. Bahía), Cillero (La Galaxia) e Miguel (As Pontes 74).
veteranos_001.jpg

RESULTADOS 19ª XORNADA
10/11 – Marzo – 2012

Maren – A Cepa (0-2)
MMYPEM – Xuntanza (1-4)
C. Guerreiro – Farmavida (5-4)
C. Bahía – La Galaxia (1-1)
As Pontes 74 – M. Eume (0-7)
Descansou: Santaballés

PARTIDOS 20ª XORNADA
17/18 – Marzo – 2012

Xuntanza – As Pontes 74 (Sáb. 17, 19:00)
La Galaxia – C. Guerreiro (Sáb. 17, 20:00)
Farmavida – Santaballés (Dom. 18, 10:00)
A Cepa – C. Bahía (Dom. 18, 11:00)
M. Eume – Maren (Dom. 18, 12:00)
Descansa: MMYPEM

veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios